O exterminio da ganderïa galega

cando a economía se separa da moral e da orde natural, o resultado non é progreso senón desarraigo, non é liberdade senón dominio, porque sen corpos intermedios, sen propiedade viva, sen vínculos reais, o individuo queda indefenso ante estruturas que nin coñece nin pode controlar

Se puede leer en castellano más abajo

Hai imaxes que deberían quedar gravadas como acusación perpetua, leite branca, limpa, froito do traballo honrado, correndo polas cunetas de Galicia como se fose lixo, e non é leite o que se derrama senón xustiza, orde e patria viva, porque cando un gandeiro abre o tanque e deixa marchar o que produciu co seu suor non está facendo un xesto teatral nin unha protesta máis, está dicindo con feitos que o sistema no que o obrigaron a vivir xa non admite vida honrada dentro del, que traballar é perder, e que producir é arruinarse.

Porque imos ás contas, que son as que desnudan a mentira.

Unha explotación media galega, con arredor de 60 a 80 vacas en produción, pode estar producindo entre 1.500 e 2.000 litros diarios, o que supón ao mes entre 45.000 e 60.000 litros, cifras que parecen grandes ata que se meten no muíño dos custos reais, porque producir leite non é só muxir, é alimentar, manter, investir, reparar, cumprir normas, pagar electricidade, veterinarios, seguros e créditos que nunca perdoan, e cando se fai unha media prudente, apoiada nos datos que veñen manexando organizacións agrarias galegas nos últimos anos, o custo real de produción móvese entre 0,40 e 0,45 euros por litro, podendo subir mesmo máis nas explotacións menos mecanizadas ou máis castigadas polo prezo da alimentación.

Agora ben, fronte a ese custo real, que é o que sostén a vida, a industria ofrece contratos que baixan o prezo a arredor de 0,34 ou 0,36 euros por litro, e nalgúns casos mesmo menos, o que significa que por cada litro producido o gandeiro está perdendo entre 6 e 10 céntimos, e isto, traducido a unha explotación media de 50.000 litros ao mes, supón unha perda mensual de entre 3.000 e 5.000 euros, non unha mala racha, non unha baixada puntual, senón unha hemorraxia constante que fai imposible a continuidade, porque ningún negocio, ningunha familia, ningunha vida pode sosterse perdendo miles de euros cada mes sen remedio.

E aquí está o punto clave que debería facer tremer a calquera que conserve un mínimo sentido da xustiza, porque non estamos ante unha actividade especulativa nin ante un luxo prescindible, estamos ante a produción dun alimento básico, necesario, ligado á terra e á comunidade, e con todo iso está a ser pagado por debaixo do custo, algo que en calquera orde xusta sería considerado non só un abuso senón unha inxustiza estrutural que reclama intervención e corrección.

Mentres tanto, e aquí a ferida se abre máis fondo, a industria xustifica esta baixada pola entrada de leite máis barata procedente de fóra, fundamentalmente de Portugal e Francia, onde grandes estruturas producen a custos menores ou simplemente colocan excedentes a prezos de derribo, creando unha competencia que non é libre nin xusta senón profundamente desigual, porque o pequeno produtor galego non compite en igualdade, compite atado, regulado, fiscalizado e abandonado ao mesmo tempo, mentres outros xogan con regras distintas ou con volumes que esmagan calquera intento de resistencia.

E así, o que nos venden como mercado non é outra cousa que unha máquina de substitución, onde o produtor enraizado é expulsado e substituído por cadeas anónimas, onde a parroquia se converte en cifra e a familia en estatística, e onde o leite deixa de ser froito dunha vida para converterse nun líquido intercambiable sen historia nin rostro.

O carlismo xa advertira, con claridade que hoxe doe escoitar pola súa verdade, que cando a economía se separa da moral e da orde natural, o resultado non é progreso senón desarraigo, non é liberdade senón dominio, porque sen corpos intermedios, sen propiedade viva, sen vínculos reais, o individuo queda indefenso ante estruturas que nin coñece nin pode controlar, e iso é exactamente o que está a acontecer nas aldeas galegas, onde cada granxa que pecha non é unha empresa menos, é unha célula social que desaparece, un altar doméstico que se apaga, unha tradición que se rompe.

E fronte a isto, mentres os números berran e a realidade se impón, o discurso oficial segue a falar de adaptación, de competitividade, de modernización, palabras baleiras que non pagan facturas nin manteñen familias, porque o que aquí se está a esixir non é eficiencia, é rendición, non é mellora, é substitución, non é futuro, é abandono.

Mais hai algo que aínda non poden calcular nin reducir a porcentaxes, e é a dignidade, esa que leva a un home a tirar o seu propio produto antes que regalalo, esa que transforma unha perda económica nun acto moral, esa que di que non todo se vende nin todo se compra, e por iso esas imaxes de leite derramada non son unha derrota senón unha denuncia, non son un final senón un aviso.

Porque se aceptamos que se pague por debaixo do custo, aceptamos que a vida mesma pode ser valorada por debaixo do seu valor, e entón xa non hai límite, xa non hai defensa, xa non hai orde, e todo queda entregado a ese mecanismo frío que devora primeiro o campo, despois a cidade, e finalmente o home.

E por iso cómpre dicilo con toda a forza que merece a verdade, que o problema non son oito céntimos, senón o sistema enteiro que permite que eses oito céntimos decidan quen vive e quen desaparece, que non estamos ante unha crise puntual senón ante unha ofensiva continuada, e que a resposta non pode ser resignación nin silencio, senón reconstrución dunha orde onde o traballo honrado non sexa castigado, onde o produtor non sexa esmagado e onde a terra volva ser raíz e non mercancía.

Porque cando o campo cae, non cae só, leva consigo a nación enteira, e entón xa non haberá contas que facer nin perdas que calcular, porque todo estará perdido.

Roberto Gómez Bastida

***

 El exterminio de la ganadería gallega

Hay imágenes que deberían quedar grabadas como acusación perpetua, leche blanca, limpia, fruto del trabajo honrado, corriendo por las cunetas de Galicia como si fuese basura, y no es leche lo que se derrama sino justicia, orden y patria viva, porque cuando un ganadero abre el tanque y deja marchar lo que produjo con su sudor no está haciendo un gesto teatral ni una protesta más, está diciendo con hechos que el sistema en el que lo han obligado a vivir ya no admite vida honrada dentro de él, que trabajar es perder, y que producir es arruinarse

Porque vayamos a las cuentas, que son las que desnudan la mentira

Una explotación media gallega, con alrededor de 60 a 80 vacas en producción, puede estar produciendo entre 1.500 y 2.000 litros diarios, lo que supone al mes entre 45.000 y 60.000 litros, cifras que parecen grandes hasta que se meten en el molino de los costes reales, porque producir leche no es solo ordeñar, es alimentar, mantener, invertir, reparar, cumplir normativas, pagar electricidad, veterinarios, seguros y créditos que nunca perdonan, y cuando se hace una media prudente, apoyada en los datos que manejan organizaciones agrarias en los últimos años, el coste real de producción se mueve entre 0,40 y 0,45 euros por litro, pudiendo subir incluso más en explotaciones más castigadas por el precio de los insumos

Ahora bien, frente a ese coste real, que es el que sostiene la vida, la industria ofrece contratos que bajan el precio a alrededor de 0,34 o 0,36 euros por litro, y en algunos casos incluso menos, lo que significa que por cada litro producido el ganadero está perdiendo entre 6 y 10 céntimos, y esto, traducido a una explotación media de 50.000 litros al mes, supone una pérdida mensual de entre 3.000 y 5.000 euros, no una mala racha, no una bajada puntual, sino una hemorragia constante que hace imposible la continuidad, porque ningún negocio, ninguna familia, ninguna vida puede sostenerse perdiendo miles de euros cada mes sin remedio

Y aquí está el punto clave que debería hacer temblar a cualquiera que conserve un mínimo sentido de la justicia, porque no estamos ante una actividad especulativa ni ante un lujo prescindible, estamos ante la producción de un alimento básico, necesario, ligado a la tierra y a la comunidad, y sin embargo está siendo pagado por debajo de su coste, algo que en cualquier orden justo sería considerado no solo un abuso sino una injusticia estructural que reclama corrección

Mientras tanto, y aquí la herida se abre más profundamente, la industria justifica esta bajada por la entrada de leche más barata procedente de fuera, fundamentalmente de Portugal y Francia, donde grandes estructuras producen a costes menores o colocan excedentes a precios de derribo, creando una competencia que no es libre ni justa sino profundamente desigual, porque el pequeño productor gallego no compite en igualdad, compite atado, regulado, fiscalizado y abandonado al mismo tiempo, mientras otros juegan con reglas distintas o con volúmenes que aplastan cualquier intento de resistencia

Y así, lo que nos venden como mercado no es otra cosa que una máquina de sustitución, donde el productor arraigado es expulsado y reemplazado por cadenas anónimas, donde la parroquia se convierte en cifra y la familia en estadística, y donde la leche deja de ser fruto de una vida para convertirse en un líquido intercambiable sin historia ni rostro

El carlismo ya advirtió, con una claridad que hoy duele por su verdad, que cuando la economía se separa de la moral y del orden natural el resultado no es progreso sino desarraigo, no es libertad sino dominio, porque sin cuerpos intermedios, sin propiedad viva, sin vínculos reales, el individuo queda indefenso ante estructuras que ni conoce ni puede controlar, y eso es exactamente lo que está ocurriendo en las aldeas gallegas, donde cada granja que cierra no es una empresa menos, es una célula social que desaparece, un hogar que se apaga, una tradición que se rompe

Y frente a esto, mientras los números gritan y la realidad se impone, el discurso oficial sigue hablando de adaptación, de competitividad, de modernización, palabras vacías que no pagan facturas ni sostienen familias, porque lo que aquí se está exigiendo no es eficiencia sino rendición, no es mejora sino sustitución, no es futuro sino abandono

Pero hay algo que todavía no pueden calcular ni reducir a porcentajes, y es la dignidad, esa que lleva a un hombre a tirar su propio producto antes que regalarlo, esa que transforma una pérdida económica en un acto moral, esa que dice que no todo se vende ni todo se compra, y por eso esas imágenes de leche derramada no son una derrota sino una denuncia, no son un final sino un aviso

Porque si aceptamos que se pague por debajo del coste, aceptamos que la vida misma puede ser valorada por debajo de su valor, y entonces ya no hay límite, ya no hay defensa, ya no hay orden, y todo queda entregado a ese mecanismo frío que devora primero el campo, después la ciudad y finalmente al hombre

Y por eso hay que decirlo con toda la fuerza que exige la verdad, que el problema no son ocho céntimos sino el sistema entero que permite que esos ocho céntimos decidan quién vive y quién desaparece, que no estamos ante una crisis puntual sino ante una ofensiva continuada, y que la respuesta no puede ser resignación ni silencio sino reconstrucción de un orden en el que el trabajo honrado no sea castigado, en el que el productor no sea aplastado y en el que la tierra vuelva a ser raíz y no mercancía

Porque cuando el campo cae, no cae solo, arrastra consigo a toda la nación, y entonces ya no habrá cuentas que hacer ni pérdidas que calcular, porque todo estará perdido.

Roberto Gómez Bastida

Deje el primer comentario

Dejar una respuesta